14.6.08

A Real Academia Galega

En 1895 constitúese a comisión xestsora para a creación da Academía Galega, a partir da asociación Folklore Gallego, presidida por Emilia Pardo Bazán, logo ela mesma será académica fundadora.Folklore Gallego. O 12 de outubro de 1905 preséntanse os seus estatutos no Goberno Civil para a súa aprobación polo Ministerio de Instrucción Pública. O 30 de setembro de 1906 reúnese formalmente a Real Academia Galega no salón da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos. Ramón Villar Ponte, historiador e outro dos promotores da institución destaca o papel do mundo societario da emigración na creación da Academia. A Sociedade de Beneficencia dos naturais de Galicia da Habana, xa nomeara a Rosalia (1873) e a Murguia (1877) como socios de honra. Por iniciativa de Curros Enríquez e Fontenla Leal créase na Haban a Asociación Iniciadora e Protectora de la Academia Gallega, que prolonga o vínculo privilexiado do núcleo cubano coa nova institución. Na primeira etapa a academia foi presidida por Manuel Murguía (1906-1923). É neste período c cando mitifícase a figura de Rosalia, que contrasta co cuestionamento da figura de Murguía ao fronte da institución. No ano 1906 a academía dótase dunha publicación propia, o Boletín da Academia Galega. A segunda etapa da Real Academia Galega (1923-1936), estivo condicionada polo baleiro que deixa a figura de Murguía, e sucedéronse na presidencia Andrés Martínez Salazar (1923), Francisco Ponte Blanco (1923-1926), Eladio Rodríguez González (1926-1934) e Manuel Lugrís Freire (1934-1935). Despois da morte de Martínez Salazar a academia entra nun proceso de perda de vitalidade que foi criticada dende amplos sectores do nacente nacionalismo político. A presidencia de Manuel Lugris, que coincide co nomeamento de académicos de Castelao e Antón Vilar Ponte apuntan a revitalización da academia truncada polo alzamento do 36. Durante o primeiro franquismo a RAG permanece nunha situación de semiclandestinidade (1942-1977) presidencia Manuel Casás Fernández (1942-1960) e Sebastián Martínez Risco y Macías (1960-1977). Fontes
  1. Internet:

2 comentários:

A zanfonista disse...

Pois todo iso que se nombra, non o sabía. Saúdos.

Antonio Martínez disse...

Acabo de coñer este blog. Paréceme moi interesante. Axiña pásao a referenciar en INICIARTE. Grazas por ter colocada unha ligazón ao meu blog. Unha aperta blogueira

Actualidade

Loading...