Alfredo Brañas Menéndez naceu o 11 de xaneiro de 1859. Estudou dereito en Compostela, e mentres escribía no xornal El Porvenir de Antonio Toledo Quintela. En 1881 volta a Compostela desde Cambados, alí colabora co novo xornal de Toledo Quintela El Libredón ademais de traballar de avogado. Brañas comeza a relacionarse nos círculos católico-tradicionalistas de Compostela. Ó xornal El Libredón é substituído por El pensamiento Galaico, pero acaba deixando o xornal polo seu carlismo declarado desta publicación. Exerceu de catedrático de dereito natural en Oviedo e de economía política en Santiago de Compostela.
En 1889 publica en Barcelona o estudo El Regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario, que tivo unha grande eco entre os rexionalistas cataláns. Ó ano seguinte bríndanlle unha homenaxe en Santiago que supón a primeira xuntanza dos galeguistas de xeito unitario. Nese mesmo ano participa na fundación da Asociación Regionalista Gallega (ARG), que terá coma voceiro ó xornal La patria gallega, no que Brañas fala por vez primeira de Galicia coma unha nacionalidade. En 1891 desfaise o ARG tras unha discusión entre a sección liberal do partido, liderada por Murguía, e a sección conservadora, liderada por Brañas. En 1892 Brañas acude ó investimento de Murguía coma bibliotecario da universidade de Santiago, aquí encárganlle a Brañas redactar as Bases generales del regionalismo y su aplicación en Galicia, onde presenta un modelo práctico de descentralización.
O rexionalismo de Brañas baseábase no catolicismo e o historicismo na medida en que lle servía para exisí-las liberdades antigas aproveitando para arremeter contra a industrialización, o liberalismo e o capitalismo, esixindo ó mesmo tempo o rexurdimento dos gremios.
Morreu en 1900 e está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.
Internet:
galipedia
Fundación Alfredo Brañas






0 comentários:
Postar um comentário