3.6.08

Sempre en Galiza

O texto está divido en cinco apartados: adro, libro I, libro II, libro III e libro IV.O "Adro" reune 14 capítulos que se publicaran co título de "verbas de chumbo" na revista A Nosa Terra. A súa temática ten coma eixo o posicionamento de Castelao dentro do Partido Galeguista que contrastaba cas teses doutro dos principais ideólogos do partido, Vicente Risco.
O "Libro I" foi escrito entre 1937 e 1938, este céntrase na realidade de Galicia coma nación e na resolución do problema político de Galicia. No mesmo tamén repasa o posicionamento dos diferentes grupos políticos, as vantaxes dunha república federal e a historia do Galeguismo e do Estatuto do 36.
O "Libro II" elaborouse en 1940, consta de 26 capítulos está marcado polo afastamento político de Castelao das forzas republicanas do Estado pola súa posición ante o estatuto de autonomía galego.
O "Libro III" contén 35 capítulos e expresa agora un posición política máis pragmática, posibilista e neste caso de cooperación cos republicanos españois, xa que na fase final da II Guerra Mundial, o obxectivo común das forzas políticas leais á república era provocar a caída do ditador Franco .
Por último está o "Libro IV", ensaios de Castelao entre os anos 1947-48 engadido na segunda edición de 1961 nos que defende o federalismo como solución política. No primeiro dos 7 capítulos co compóñen está o discurso "Alba de Groria", pronunciado no "Centro Gallego de Buenos Aires" o 25 de xullo de 1948.
Internet:
Galipedia

2 comentários:

paideleo disse...

Sen que veña a conto co que escribes quero darche as gracias polo premio Que te pique un pollo.
Graciñas e ánimo co este blogo tan interesante.

nerinossa disse...

Internet:
Galipedia

Actualidade

Loading...