skip to main |
skip to sidebar
A romaría das pascuillas a virxe da Franqueira celébrase este ano día 12 de maio, coincidindo coa chegada da primavera e o día de Pentecostes.
Nela destacan as flores e a gran devoción dos distintos pobos das comarcas do Condado e de A Paradanta que peregrinan cara o santuario dos montes da Paradanta.
Os romeiros, días antes, preparan os seus tractores decorándoos co maior número de flores. O luns coa primeira luz os devotos reúnense nas igrexas para coller os pendóns, estandartes, a cruz parroquial e coa compaña do patrón ou a imaxe da Virxe de maior devoción. Esta celebración convoca miles de peregrinos que realizan ofrendas a Virxe como símbolo da paz, irmandade, o amor e a lembranza dunha tradición que sobrevive o paso do tempo grazas os nosos antepasados.
Algunhas das parroquias do Condado que realizan culto seguindo unha ruta semellante son : Lira, Santiago de Oliveira, San Lorenzo, Mondariz, San Máteo, Guillade, Uma, San Pedro, Batalláns, Covelo e outros. Estes camiñan polos prados ata encontrarse en Mouriscados ( Campo de Mouro) coa Virxe do Perpetuo Socorro a que lles sauda e despide. A franqueira ten como ritual,que a virxe atopada sea a encargada de recibir e despedir as imaxes. Neste bicanse as cruces e saúdanse cos pendóns.O rematar os peregrinos continúan o longo camiño cara o seu fogar acompañados de música e a alegría de tódolos devotos. .Unha vez chegado a Franqueira mais de 60 imaxes colócanse o redo da igrexa para venerar á Franqueira .Algúns dos ritos da Franqueira foron obxecto de estudo de Ramón Cabanillas, outros son máis recentes, como o que di que debes pasar debaixo da imaxe tres veces e pedir un desexo.
Internet: Galipedia
Imaxes: Andrea Vidal Cuiñas
0 comentários:
Postar um comentário