O “Coto da Vella” esta situado nos altos da Franqueira, neste lugar atópase unha imaxe en pedra da Virxe, a que os crentes lle ofrecen flores e lle dan esmolas. É unha das devocións mais senlleiras de Galiza e o norte de Portugal e está considerada polos historiadores como unha das imaxes marianas máis antigas de toda Galiza. Unha das lendas sobre esta imaxe e que foi milagrosamente atopada por unha muller que paseaba o gando, a cal viu resplandecer algo, o achegarse atopou a figura que posteriormente foi froito de litixio entre os habitantes da Franqueira e o das sachas. Así, tomaron a decisión de montar a figura nun carro de bois, indo estes cos ollos vendados e co xuramento de realizar a ermida no lugar no que parasen. Coincidindo cunha fonte que pertencía a feligresia da Franqueira, o que antes era o mosteiro dos Monxes Beneditinos. Actualmente na igrexa da Franqueira atopase unha imaxe da virxe colocada encima dun carro de bois e na que os debotos deberán pasar tres veces por debaixo facéndolle unha ofrenda e pedíndolle un desexo.
22.5.08
Assinar:
Postar comentários (Atom)






0 comentários:
Postar um comentário