26.5.08

Castelao

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. En 1895 vai á Pampa coa súa nai, onde o seu pai establecera unha pulpería en Santa Rosa de Toay, o negocio prosperou o sufieciente para que de volta a Rianxo Castelao puidese estudar medicina en Santiago, onde se licenciou en 1908. Debutou en Madrid no II Salón de La Caricatura nese mesmo ano. Os seus debuxos mostran a Galicia agraria, caciquil e emigrante, acompañados de textos breves e agudos cun punto de vista crítico e realista ademais de cunha ollada humorística. Tivo unha dilatada presenza na prensa periódica da súa época. Así publicou dende os inicios en A nosa Terra e na revista Nós, pero tamén fixo multiples colaboracións nos xornais: Galicia Moza, O barbeiro Municipal, Mi tierra, La Voz de Galicia (B. Aires), Suevia, El Sol (Madrid), El Pueblo Gallego, El Faro de Vigo, El Parlamentario(Madrid), La ilustración gallega y americana (Madrid), Suevia (B. Aires), Nueva Galicia, Nova Galicia, Bohemia (La Habana).
Coma escritor Castelao escribe tódalas súas creacións narrativas antes de 1936, comezou con relatos curtos que foron xuntados en libros coma "Retrincos", "Cousas", o conto "Un ollo de Vidro. Memorias dun esquelete", "Os dous de sempre", "Atila en galiza"... ata chegar a colección de ensaios curtos "Sempre en Galiza". Coma autor teatral so fixo un obra "Os vellos non deben namorarse", onde enfoca ó teatro non so desde a perspectiva do interese literario do texto senón que tamén contén descricións moi pormenorizadas do vestiario, as escenas e as caricaturas dos personaxes.
Nacionalista que chegou a liderar o Partido Galeguista durante a Segunda República, parlamentario en Madrid durante o proceso de elaboración do Estatuto de autonomía do 36 e logo referente principal do nacionalismo no exilio durante a primeira etapa do franquismo
Morre no sanatorio do Centro Gallego de Buenos Aires o 7 de Xaneiro de 1950. Deúselle un enterro solemne no mausoleo do Centro Gallego no cemiterio da Cacharita. Aínda que o réxime franquista ordeou silencia-lo acontecemento en España, logo da morte do ditador o cadaleito de Castelao foi trasladado ó Panteón de Galegos Ilustres de San Somingo de Bonaval en Santiago de Compostela, cerimonia que se converteu nun acontecemento de protesta do nacionalismo de esquerda.

0 comentários:

Actualidade

Loading...