23.5.08

A cova céltica

Lugrís deixou escrito "Aquela Cova foi a miña universidade libre (…) na que se afirmaron o meu amor e a miña decisión a favor da patria dos galegos"

A Cova Céltica era unha xuntanza na librería de Uxio Carré Aldao na Coruña, na rúa do Rego, na que se xuntaron os membros máis importantes da etapa rexionalista. Un dos promotor desta reunión foi Manuel Murguía, que defendía na súa historia de Galicia a orixe celta do pobo galego. Este celtismo da historia de Murguía fixo que Celso García de la Riega, que polo contrario presentaba a Manuel Lugrís Freireos gregos como pais fundadores, denomínase aos eruditos que se reunían na coruñesa rúa do Rego, os de Cueva Céltica, mais os así chamados tomaron por bo o nome e o asumiron con orgullo e así pasou á historia. A Revista Gallega de Galo Salinas, serviu de voceiro deste selecto grupo de intelectuais galeguistas. Frecuentaron as reunións na que se debatía sobre todo acontecer vida cultural galega entre outros Uxio Carré Aldao, Manuel Murguía, Andrés Martínez Salazar, Francisco Tettamancy, Xosé Pérez Ballesteros, Evaristo Martelo Paumán, Salvador Golpe Varela, Florencio Vaamonde Lores, Eladio Rodríguez González,Manuel Lugrís Freire, Galo Salinas, Xosé Baldomir. A historia da xuntanzas da Cova estivo moi vinculada á creación da Real Academia Galega, da que foron membros os máis destacadas tertulianos da Cova.

Internet: Galipedia

0 comentários:

Actualidade

Loading...