Castelao adhiriuse á Liga de Acción Gallega en 1912 e pode considerarse como o seu primeiro feito de militancia expresa. Catro anos despois fúndase As Irmandades da Fala á que se une e ademais participa na Asamblea Nacionalista onde os representantes das Irmandades subscribiron un programa de redención nacional; por primeira vez os asambleístas declaranse nacionalistas e non rexionalistas e reivindican a autonomía integral da Nazón Galega.
A finais de 1930 constitúese o Partido Nacionalista Gallego e Castelao e Paz Andrade entre outros interviron no primeiro acto de propaganda, máis tarde participa nunha operación política histórica: a Asamblea convocada pola Federación Republicana Gallega para estudiar e redactar as bases dun Estatuto Galego.
Xa como lider do Partido Galeguista a actividade de Castelao para levar as suas últimas consecuencias xurídicas e políticas ó feito do plebiscito autonomista durará toda a guerra e toda a época que sobrevivirá. A guerra civil española e a dictadura franquista oblígano a exiliarse, e dende Arxentina, baixo a presidencia do Centro Gallego de Buenos Aires , desarrolla un vasto, constante e indiscutido maxisterio da galeguidade, por medio de conferencias, artículos, conversacións e polo seu libro "Sempre en Galiza" que é considerado, con razón, a biblia do galeguismo.






0 comentários:
Postar um comentário