4.3.08

A Ruta Xacobea

O suxeito inaugurador desta ruta foi Afonso II o Casto rei de Asturias, que viaxou coa súa corte cando a noticia do descobremento do soterramento do apóstolo, unha vez alí mandou erixir unha capela no lugar. Logo a noticia propágase por toda Europa despois de confirmar a noticia Carlomagno, aínda que na opinión do estudoso español Menéndez Pidal o verdadeiro impulsor da ruta foi Almánzor, o xeneral dos exércitos do califato de Córdoba, xa que cos seus repetidos ataques deulle fama internacional ó lugar. A ruta non comeza a ter gran afluencia de visitantes ata o século X, momento no cal a poboación europea comeza a romper co seu aillamento, ademáis os reis de León, Navarra e Aragón facilitan o tránsito coa construcción de pontes e hospitais e coas reparacións dos camiños. Isto tamén permite a instalación dunha rede de mosteiros de ordes europeizantes coma no caso da orde de Cluny, os que terán tódolo apoio dos reis dos distintos reinos da península, pois estes desexaban romper co seu aillamento e saltar Europa adentro para casar coas diferentes dinastías europeas ademais de enlazar lazos culturais e incluso recadar apoios contra o califato de Córdoba. A partir do século XIV o camiño comeza unha progresiva decadencia propiciada por grandes convulsións militares en Europa ademais do revó que estaba a producila Reconquista, ó que se sumou a peste e o cisma de Occidente.

Actualidade

Loading...