Os parques eólicos en construción no Suído foron concedidos baixo licencias do anterior goberno, que sempre se negou a incluír á serra na rede Natura 2000. Agora a situación muda, xa que se contempla ao Suído como futuro espazo LIC(Lugar de Interese Comunitario). Aínda así por culpa da súa tardanza, EUROVENTO, S.L. iniciou a construción de tres parques eólicos. A propia Unión Europea esixiu ao goberno galego que ampliara os espazos da rede Natura, por considerar moi pobre a súa proposta e por estar insuficientemente representados determinados hábitats, como os humidais presentes no Suído, como as turbeiras, as matogueiras húmidas e os estanques temporais (todos considerados en perigo de desaparición). Polo tanto, é completamente coherente que a Xunta de Galiza acceda a preservar os valores ecolóxicos da serra, representados polos hábitats e especies de interese comunitario, e que non permita a construción de novos parques eólicos ou actividades que danen o hábitat.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)






0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada