6.3.08

cemiterio eólico

As serras galegas en poucos anos mudarán as súas facianas para sempre e os seus valores naturais, desaparecerán co ritmo compasado das explosións dos barrenos e do renxer dos cazos metálicos das pas escavadoras. Gamesa, Eurovento, Nortdtank , Engasa e os outros fillos e fillas de Eolos, cos seus nomes ignominiosos despregan os seus mil brazos polos montes, montañas e serras da terra galega.Baixo o alcume de promotores desenvolven o plano eólico galego, coa axuda da administración e dos cartos publicos. A centralización excesiva e a falla dun plano medioambiental para a colocación dos parques son o maior inconvinte do Plan Ecoloxico Galego. As críticas os parques eólicos centranse máis no impacto visual que no que afecta ás aves. Ademáis da mortalidade por colisión, outras consecuencias para a fauna son as molestias, o efecto barreira entre as áreas de alimentación, cría invernada e muda e a perda ou deteriorización do habitat xa que a Península é unha importante zona de paso migratorio para as aves. Ninguen discute que a enerxía non sexa limpa e renovabel, pero si que é discutible o impacto medioambiental e paixasístico que producen por iso, debemos ter coidado na elección do emprazamento adecuado para a súa obtención. Non podemos consentir que a cobiza duns poucos estrague o patrimonio de todos.

2 comentarios:

paidovento dijo...

Certo que o impacto visual é grande, certo que tamén as aves poden resultar danadas. Mais, a demanda de enerxía é cada vez maior e dalgún sitio hai que sacala, ou non?
Un saúdo.

aula dijo...

Tes razón Paco, pero temos que volver a falar das enerxías, temos un problema, e veña toca falar de como producir forza. Ben e o importante cando nos tomamos unhas cañas!!. Saúdos e que nos veamos pronto.

Actualidade

Loading...