17.1.08

Enerxía eólica

Coñécese como enerxía eólica ó aproveitamento da enerxía do vento mediante aeroxeradores e faise popular na década dos 80-90. Na antigüidade serviu para propulsar naves mariñas e mover muíños de gran pero, a partir da década dos 80-90 fíxose popular xerando unha enerxía limpa e segura. Os parques eólicos poden situarse en terra ou no mar, e a súa extensión vira condicionada pola superficie e as características do vento nese emprazamento. Nos aeroxeradores unha hélice é movida polo vento provocando que mediante un sistema mecánico sexa posible xirar o rotor dun xerador ou alternador, que é o encargado de producir enerxía eléctrica. A corrente eléctrica, xerada a media tensión é conducida por cables á base da torre onde será transformada a alta tensión e posteriormente enviada ó centro de transformación para facilitar a conexión coa red. A cantidade de enerxía producida depende das diferencias sobre deseño, situación das turbinas,etc.. pero hoxe en día, os avances permiten adaptalas ós cambios de dirección e de velocidade do vento. A obtención da electricidade polo vento non produce gases tóxicos nin contribúe ó efecto invernadeiro, e está tendo un crecemento importante a escala mundial.

Actualidade

Loading...