Aula Galicia
20.6.11
7.3.11
Fotografar o patrimonio
Dende Arzúa Manolo Castro mantén varios blogs de fotografia do noso patrimonio cultural
Románico en Galicia, Castros de Galicia, Castelos de Galicia, todos eles con grande cantidade de fotografias de calidad. Podemos pasar tempo e tempo disfrutando desta recopilación visual do noso patrimonio.
Como mostra a cabeceira da igrexa de San Pedro de Rebón en Moraña.
Fotografia de Manolo Castro
7.1.11
O marmurio das ondas
O autor deste blog aborda nos últimos post a situación política do nacionalismo galego nos anos 70
6.11.10
No Val de Nogueiras en Vila Real (Tras os Montes)
No FDS de Faro de Vigo, 7 de novembro do 2010, Tere Grandín recomenda visitar a freguesia de Val de Nogueiras en Vila Real. Recollo un video do Santuario de Panóias.
2.11.10
A villa romana de Baños do río Caldo no Olmo dos Falsos Soños
O post contén un video moi interesante para aprender máis sobre a arquitectura doméstica na Gallaecia e saber así como vivían, neste caso, as elites romanas. O video é produto do traballo de José M. Otero, profesor do IES San Tomé de Freixeiro e editor do blog Olmo dos Falsos Soños.
8.6.10
Galicia na Idade do Ferro
Vista particular do castro do "Castro" de Vigo
No noroeste da Península Ibérica estase a formar neste momente o xermolo da cultura castreña sobre un importante substrato do Bronce final atlántico. En España pódese partir do substrato protocéltico definido a partires desa base cultural que supuso o Bronce final de Cogotas I, eses rasgos comúns son unha serie de elementos ideolóxicos que deixaron diversas pegadas de carácter filolóxico, lingüístico, epigráfico, relixioso, social, etc., o que provocou referenzas nas fontes por partes de autores clásicos coma Estrabón, Tito Livio, Appiano ou Hecateo, no caso dos teónimos. Ademáis atópanse pegadas coma, por exemplo, no plano social as asambleas de guerreiros semellantes á oenach irlandesa ou á ghilde xermánica, a hospitalidade coma institución e fratrías de orixe indoeuripea. Doutra banda, estarían as pegadas no plano militar que se atoparían en asambleas de guerreiros semellantes á oenach irlandesa ou a ghilde xermánica, a organización militar celta dos guerreiros; e no plano relixioso estarían os ríos mitolóxicos como o "Río do esquecemento", o Limia, ou a lagoa de Antela, a videncia baseada nos soños, no vóo das aves ou nas entrañas dos animais, as bandas de guerreiros infernais, sacrificios de prisioneiros, ritos ordálicos, tabús, altares rupestres, ofrendas a ríos e fontes, culto ás augas, cultos fisólátricos, culto ás penas ou lugares axiais ou agoirais, divindades das augas, fontes, ríos e lagoas, saunas, divindades da terra coma Reua, evidencias de hecatombes coma as que se documentan en inscripcións do tipo da de Cabeço de Fragoas, ademáis de sacrificios de purificación, etc. De todo isto hai numerosas evidencias testimonias na España céltica e moitas delas en Galicia.
Por outra parte no noroeste, por terras de Galicia, a cultura castrexa alcanza o seu apoxeo neste momento, despois dunha fase formativa que arrinca do Bronce final atlántica e a primeira Idade do Ferro. Os máis antigos poblados castrexos datánse, xa formados, cara o século VI a.c. e II a.c., sendo afectados despois polo proceso de romanización. Este proceso levouse a cabo en catro fases:
1- Castrexo I ou formativo, en pleno Bronce final atlántico (s. VIII-V a.c.).
2- Castrexo II ou de desarroio (s. V-I a.c.).
3- Castrexo III ou de apoxeo (s. I a.c. - I d.c.).
4- Castrexo IV ou castrexo-romano (s. I-IV d.c.), algúns ata incios da Idade Media.
Estes castros son poblados fortificados situados en elevacións de terreo, algúns defendidos por murallas pétreas e parapetos. As súas casas son de pranta circular u ovoide, aínda que a partires da romanización alternarán coas de planta rectangular, feitas con pedras careadas ou laxas de pizarra co teito lígneo.
A cerámica castrexa está xeralmente elaborada a man, de calidade moi desigual pero frecuentemente decorada con belos motivos xeométricos incisos, plásticos ou estampados. Igualmente notable é a súa orfebrería ás veces con certos rasgos célticos, así coma a súa escultura con temas antropomorfos, zooformos e elementos constructivos.
Aínda que se usa o ferro, os elementos metálicos son maiormente de bronce. As machadas, puñais, puntas de lanza, espadas, etc. constitúen o axuar dos guerreiros, nalgúns tipos de espadas poden apreciarse influenzas doutros grupos foráneos, sobre todo bretóns ou irlandeses.
Durante moito tempo pensouse co noroeste da península estivera illado, pero a aparición de cerámicas e obxectos exóticos coma cerámicas helénicas e fenicias, escarabeos exipcios ou espadas de anteas da tradición hallstática en contextos castrexos demostran que había rutas comercias cara o norte pola franxa costeira e cara o sur a través de Portugal.
Os castros máis importantes son os de Cameixa, Baroña, Borneiro, Troña, San Cibrán de Las, Castromao e Santa Tegra en Galicia, en cambio en Asturias destaca Coaña, e en Portugal Briteiros, Lanhoso, Monte Mozinho e Santa Luzia.
Aínda que o mundo celta galego non presenta connotacións tan claras coma na Celtiberia, xa que podemos decir que que a celtización galega é unha celtización incompleta que parece ser foito dun dinamismo histórico propiciado por este apoxeo da metalúrxia do bronce. Ademáis a súa celtización é máis tardía que a da Celtiberia, coa que comparte o substrato protocéltico. Pero apréciase en época castrexa en algúns rasgos coma o uso de materias típicamente célticos coma cascos, torques, espadas, adornos, motivos decorativos na cerámica e na arte, ou os etnónimos coma Céltici, que hoxe se mantén no caso de Céltigos ou nos topónimos en -briga, etc. Este proceso de celtización viuse interrompido polo de romanización, que sendo tamén tardío non foi menos eficaz.
Bibliografía: "Nociones de Prehistoria general" de Jorge Juan Eiroa, ed. Ariel.
Assinar:
Postagens (Atom)